martes, 4 de xuño de 2019

Serán De Letras Galegas

No serán de Letras Galegas practicamos diversos xogos populares. Ademais, realizamos un obradoiro de gaita e baile, no cal participou unha familia do cole dedicada á fabricación artesanal de gaitas (Gaitas Eduardo Represas).

Xogo do pano.

 Pedra, papel e tesorira.

 Escondite Inglés.

Instrumentos musicais.

 Gaita e baile.

  "A Saia da Carolina"

sábado, 1 de xuño de 2019

Primeiro ensaio xeral da coreografía Móvete +

Antes de dar comezo á carreira de A Picaraña móvese +, fixemos un ensaio da coreografía do programa Móvete +. Foi a primeira vez que practicamos a canción todo o cole xunto.





xoves, 30 de maio de 2019

Ensaio da coreografía nunha sesión de Psicomotricidade

Aproveitamos a chegada do bo tempo para practicar ó aire libre a canción de Móvete +.

 Aula de Moreira.

Aula de Moreira.


Aula de Areas
(Preme na imaxe para ver o vídeo)




Traducción da canción de Móvete + en lingua de signos

Estamos traducindo a letra da canción de Móvete + en lingua de signos. Os/as intérpretes serán aqueles nenos e nenas que este ano finalizan no noso cole a etapa de Educación Infantil. Velaquí un primeiro ensaio:


martes, 28 de maio de 2019

Correlingua Ponteareas

Este curso participamos no Correlingua por Ponteareas, unha maneira saudable de contribuir a manter vivo o patrimonio creado por galegos e galegas, a lingua.









martes, 14 de maio de 2019

Carreira "A Picaraña Móvese+"

Realizamos a carreira de A Picaraña Móvese +. Tanto os alumnos e alumnas como os mestres foron moi participativos e desfrutaron desta bonita experiencia.















luns, 13 de maio de 2019

Práctica Psicomotriz Aucouturier

Actividade sobre unha Práctica Psicomotriz de Bernard Aucouturier. Onde o corpo, as emocións e os coñecementos están íntimamente ligados, de ahí a palabra psicomotricidade.




luns, 29 de abril de 2019

Xa temos as camisetas para a coreografía!

   O Centro Ocupacional de ASPANAS (asociación de pais e nais a favor das persoas con discapacidade intelectual de Ourense) entregounos as camisetas que lle tiñamos encargadas. Estas camisetas levarémolas postas para a realización da coreografía final de Móvete +. O contido que se ve nelas realizouno o propio alumnado do cole.


xoves, 25 de abril de 2019

Excursión a un parque de ocio infantil

Para finaliazar o segundo trimestre realizamos unha saída lúdica ó parque de ocio infantil La Nave (en Vigo). Alí as nenas en nenos saltaron nos hinchables, tiráronse polos tobogáns, treparon no rocódromo, xogaron cos canóns de pelotas de espuma, bailaron ó son da música mentras pisaban unhas figuras en movemento proxectadas no chan, xogaron nun simulador de coches, entre moitas outras cousas. Resultou un día moi saudable e divertido.










xoves, 11 de abril de 2019

Día Mundial da Saúde en Pías e Portela

No Día Mundial da Saúde divertímonos facendo xogos de psicomotricidade nos cales bailamos, saltamos, fixemos posicións de equlibrio... e sobre todo desfrutamos.




Ademais, fixemos unha instalación baseada na perspectiva da metodoloxía do psicomotricista Bernard Accouturier.







Día Mundial da Saúde das aulas de Ribadetea e Moreira

No Día Mundial da Saúde realizamos xogos musicais nos cales divertímonos moito:









Practicamos o "baile do cadrado":

Representamos accións relaconadas co movemento que nos gustan:






Para almorzo de media mañá fixemos unhas brochetas de froitas:





COREOGRAFÍA FINAL DE MÓVETE +